Avigal, en colaboración con Antela Editorial, ten o pracer de anunciar a entrega de premios desta segunda edición; unha iniciativa que crece ano tras ano co obxectivo de promover a nosa lingua e reforzar o compromiso coa cultura galega a través da creación literaria.
O vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas 2026, celebraremos en Pontevedra unha xornada moi especial na que seguiremos recoñecendo o talento, a creatividade e o amor polo galego.
Nesta edición, a obra gañadora na categoría de novela infantil é “Alén e o dragón”, de Olaia Sendón, unha historia que nos convida a viaxar a través da imaxinación e a descubrir o valor das historias contadas na nosa lingua. Na categoría de relato infantil escolar, o gañador é Matías Vázquez Rodríguez, do colexio Santa Teresa de Jesús-Carmelitas (Ourense), coa obra “O alento do cantil”.
Dende Avigal querémoslles agradecer a todas as persoas participantes que sigan formando parte desta iniciativa, compartindo as súas historias e contribuíndo a que este certame continúe medrando.
Avigal é moito máis que unha marca: é compromiso coa nosa cultura, orgullo pola nosa lingua e respecto polas nosas raíces.
Seguimos apostando polo noso, seguimos medrando con Galicia.
Para participantes menores de 12 anos. Deberán escribir un relato curto en galego.