Cabecera

II EDICIÓN · 2025/2026

A II edición do Certame Literario Jaime Olmedo Limeses consolidou unha iniciativa que continúa medrando arredor da creación literaria en galego, reunindo novas voces, historias e imaxinacións de toda Galicia.

Nesta edición, a obra gañadora na categoría de novela infantil foi "Alén e o dragón", de Olaia Sendón, mentres que no relato infantil escolar o gañador foi "O alento do cantil", de Matías Vázquez Rodríguez, do colexio Santa Teresa de Jesús-Carmelitas (Ourense).