Avigal invita aos máis pequenos a participar no certame de relato infantil, unha oportunidade única para expresar a súa imaxinación en galego e compartir historias que celebren a nosa cultura. A continuación, explicamos os pasos e as condicións para participar nesta emocionante categoría.
Destinatarios: poderán participar nenos e nenas menores de 12 anos que teñan ganas de crear e contar a súa historia en galego.
Requisito: escribir un relato curto en galego, explorando o tema que desexen.
Extensión: o relato debe ter unha extensión máxima de dúas follas en tamaño A4, cun interlineado de 1,5 e un corpo de letra 12 opcional entregar PDF do traballo feito a man.
Xurado: estará composto polos editores de Antela editorial.
Para o Gañador: o participante que escriba o mellor relato será premiado cunha tablet Samsung Tab 9 (valorada en 194 €) e un lote de libros de Antela Editorial valorado en 100€, incentivando así a súa paixón pola lectura e a tecnoloxía.
Para o Colexio e o Profesor Gañador: queremos agradecer o apoio dos docentes e dos centros educativos que promovan o certame. Por iso, o profesor ou profesora recibirá un detalle valorado en 100 € e unha experiencia Smartbox. O colexio gañador tamén recibirá un lote de libros de 300€ de Antela Editorial para a súa biblioteca e seguir alimentando o amor polos libros entre o alumnado.
Anímate a participar e comparte a túa historia! Con este certame, queremos dar voz aos máis novos, fomentar a creatividade e celebrar o galego como a lingua das nosas historias.